Cursos intensivos e actividades estivais da AD.Fogar en Carballo

1 minutes read

Dende o 27 de maio queda aberto o prazo de inscrición para as Actividades de Verán que un ano máis organizan desde a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. O programa de actividades contempla catro cursos intensivos relacionados coa práctica da natación e o tríatlon en niveis de iniciación, mellora e mantemento, dirixidos a nen@s, moz@s e adultos que non sexan socios do club.

As distintas actividades contarán cunha oferta total de sesenta prazas e impartiranse na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo entre o luns día 1 e o mércores día 31 de xullo de 2019, en quendas de mañá e tarde.

Podes informarte respecto disto no díptico de información e inscricición adxunto a esta nova ou na mesma Piscina Municipal da Rúa Carballo Calero en horario de tarde entre as 17:00 e as 20:00 hs.