Cursos sobre xénero e educación para monitores de tempo libre en Camariñas

PIXABAY

  • Realizaranse no centro de inicitivas da aula CeMit os días 10 e 11 deste mes

O Concello de Camariñas, en colaboración coa Deputación da Coruña e a entidade Aventeira, organiza o curso de ‘Xénero e Educación non formal’.

Trátase dun curso de formación para monitores de tempo libre que se realizará ao longo de dúas sesións. A primeira será o próximo venres, de 16:00 a 20:30 horas, e a segunda e última xornada realizarase ao día seguinte en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Ambas sesións terán lugar no centro de iniciativas da aula CeMit, a carón do centro de saúde de Camariñas.

Será preciso reservar praza enviando un mail a igualdade@camariñas.net