A formación galeguista Compromiso por Galicia Carballo, por medio do seu representante Xesús Deus Gende, vén de presentar na delegación de Medio Rural situada no Fórum da Milagrosa, un escrito onde se solicita que a administración autonómica realice as xestións pertinentes para que o Concello adopte as medidas necesarias para aplicar a normativa vixente en canto a maleza e especies arbóreas, que se contempla na norma ditada no seu día, que fai referencia á prevención de incendios e que, segundo explican, ano tras ano incúmprese.
«É incomprensible que despois das continuas reclamacións veciñais, ben transmitidas directamente ou por escrito por parte da cidadanía non se actúe de maneira contundente. Entendemos que é necesario que a limpeza de maleza se faga efectiva á beira de casas, edificios ou outras construcións, máis existen moitas parcelas que levan anos sen limpar polo que constitúen un perigo real, así como lugares onde roedores, réptiles, animais salvaxes ou mesmo niños de velutinas poden causar algún tipo de incidente. Por iso é necesario que se tomen medidas urxentes ante a pasividade do goberno local e dunha oposición inexistente, aos cuales parece importarlles pouco/pouo ou nada a situación de o rural e numerosas infraccións na zona urbana», conclúen desde Compromiso.