CxG Carballo solicita que se axilice o arranxo da rúa Compostela

1 minutes read

O secretario local e comarcal da formación, Jesús Deus Gende, pide que se informe de cando se vai a proceder ao acondicionamento da rúa Compostela, “que leva anos nun pésimo e lamentable estado”. Trátase dunha das principais entradas á vila e non pode permanecer nestas condicións durante tantísimo tempo”, afirma Deus. A Deputación da Coruña levaba ao pleno do 26 de maio un investimento de 211.266 euros para mellorar a accesibilidade desta rúa, no tramo comprendido entre a rotonda da Milagrosa e o cruce coas rúas Emilio González López e José María Castroviejo, e que tamén contemplaría a renovación das redes de servizos e da capa de rodadura. Por elo, dende CxG piden que se axilice a execución desta obra. “Sería de agradecer que os grupos presentes na institución provincial, acelerasen na medida do posible as xestións para proceder dunha vez por todas ao arranxo da devandita vía”, conclúe Deus Gende.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?