Recentemente a formación Compromiso por Galicia de Carballo lanzou unha iniciativa para a creación dun parque inclusivo na localidade. Estes apoios recóllense na plataforma Change.org e proximamente a pé de rúa.
“Consideramos imprescindible contar coas entidades sociais que traballan de distintas maneiras con colectivos que sofren algún tipo de minusvalía, por eso contactamos coas mesmas, por se consideran oportuno contribuír á recollida de avais ou axudar na súa difusión, para que este proxecto tan necesario saia adiante”, afirman desde Compromiso.
“Carballo necesita unha área destas características o máis brevemente posible e seguiremos loitando para que se leve a cabo. Para que a xente vexa que non hai intereses ocultos a proposta está feita por unha persoa individual, por eso aparece como axuda a Víctor Manuel Fraga Arantón a conseguir un parque inclusivo”, conclúen.