CxG Carballo visitou as entidades sociais en apoio a un parque inclusivo

Recentemente a formación Compromiso por Galicia de Carballo lanzou unha iniciativa para a creación dun parque inclusivo na localidade. Estes apoios recóllense na plataforma Change.org e proximamente a pé de rúa.

«Consideramos imprescindible contar coas  entidades sociais que traballan de distintas maneiras con colectivos que sofren algún tipo de minusvalía, por eso contactamos coas mesmas, por se consideran oportuno contribuír á recollida de avais ou axudar na súa difusión, para que este proxecto tan necesario saia adiante», afirman desde Compromiso.

«Carballo necesita unha área destas características o máis brevemente posible e seguiremos loitando para que se leve a cabo. Para que a xente vexa que non hai intereses ocultos a proposta está feita por unha persoa individual, por eso aparece como axuda a Víctor Manuel Fraga Arantón a conseguir un parque inclusivo», conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha