A formación afirma que recibiu nos últimos días numerosas queixas a través das súas redes sociais , para dar a coñecer o pésimo estado en que se atopa o firme da estrada que une as parroquias de Razo e Rebordelos. Esta estrada leva moito tempo á espera dunha actuación urxente que permita transitar con todas as garantías de seguridade. O pasado 27 de xaneiro publicábase en medios que con brevidade procederíase a contratar o seu acondicionamento por 576.614 euros, máis a día de hoxe descoñécense os prazos de execución, afirman desde a formación.
“Achegámonos á vía e puidemos comprobar o estado en que se atopa, e non é un caso illado, son numerosas as parroquias que sofren un constante deixamento neste sentido, ao que se unen tamén rúas céntricas do centro urbano que necesitan melloras urxentes”, conclúen desde CxG Carballo.