Santa Comba aprobou o plan de obras que permitirá unha inversión de máis dun millón de euros.
Foi na sesión extraordinaria celebrada este martes, na que José Antonio Ucha (PSOE) dixo que o plan de obras era de “interese xeral”.
As demandadas dos veciños de Grixoa e San Salvador non foron tidas en conta por non dispor dos terreos necesarios, e comprometeuse a incluír unha partida de 600.000 euros no próximo programa provincial de inversións.
O divorcio entre os socios de Goberno segue patente, no transcurso do debate, Ucha acusou ao alcalde de querer “repartir obras a dedo”.
Voces discordantes co actual método de Goberno vaticinan un cambio de apoio no próximo ano onde poderían ir da man CxG e o PP, dada a parálise e confrontación constante entre CxG e o PSOE de José Antonio Ucha.