Dá positivo un residente na DomusVi de Matogrande

1 minutes read

Un usuario da residencia Domusvi de Matogrande, na Coruña, deu positivo por coronavirus, de acordo cos datos actualizados este sábado polas consellarías de Sanidade e Política Social.

Ademais, seguen figurando como casos activos relacionados coas residencias de maiores os de dúas persoas traballadoras: unha muller empregada na Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove e un traballador da Residencia de Maiores de Paradela.

Entre as medidas adoptadas para a área sanitaria da Coruña-Cee están a suspensión das visitas e saídas das residencias e o fechamento dos centros de día. Na área houbo este sábado un total de 246 casos activos, 69 máis que o venres, parte dos cales están relacionados cun gromo vinculado a un ximnasio en Meicende, no municipio de Arteixo.