Dan a razón a China fronte a EE.UU. na batalla arancelaria


A Organización Mundial do Comercio pronunciouse dando a razón a China fronte a Estados Unidos. Nun comunicado emitido este martes, sentenciou que os primeiros aranceis que Washington impuxo a Pequín, entre 2018 e 2019, son ilegais. A resolución supón un duro golpe á política comercial de Donald Trump e non sentou ben en Washington. A modo de resposta, o Goberno estadounidense reiterou “a necesidade de reforma” desta institución. O comunicado asegura que este informe, segundo o representante comercial estadounidense, confirma o que o Goberno do presidente Donald Trump “veu dicindo durante catro anos: a OMC é completamente inadecuada para deter as prácticas tecnolóxicas dañinas de China”. O mandatario estadounidense deu o pistoletazo de saída á guerra comercial, entre as dúas maiores economías do mundo, en 2018.