Dan positivo en covid dous futbolistas do Celta e un do Barça

0 minutes read

O Celta de Vigo detecta dous casos positivos de covid-19 nas probas realizadas o seu plantel. O equipo asegura que xa informou as autoridades sanitarias e que está seguindo os protocolos establecidos. Os dous futbolistas volverán someterse ás probas de detección da covid-19 para determinar cando se poden incorporar ao traballo co resto dos xogadores. O F. C. Barcelona tamén lles realizou probas PCR aos nove xogadores que van iniciar a pretemporada. Os resultados detectaron un futbolista positivo asintomático, informan de que o afectado está ben, e illado na súa casa.