Dani Alves, condenado a 4 anos e medio de prisión por agresión sexual

A Audiencia de Barcelona condenou o futbolista Dani Alves a 4 anos e medio de cárcere por agresión sexual a unha moza no baño dun reservado da discoteca Sutton de Barcelona a noite do 30 decembro de 2022, forzando a vontade da vítima «con uso da violencia». A sentenza, notificada este xoves, a sección 21 da Audiencia condena tamén o futbolista a cinco de liberdade vixiada e nove de afastamento da vítima. A sala aplica na súa resolución a atenuante de reparación do dano porque indemnizou á vítima con 150.000 euros antes do xuízo. Dani Alves leva xa 13 meses en prisión provisional desde que foi detido por esta causa, que computan para o cumprimento da condena. O tribunal comunicou a sentenza este xoves a todas as partes da causa e ao propio xogador, que foi trasladado de prisión para recibir a sentenza. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha