O locutor, artista musical e dj catalán Dani Moreno (El Gallo) popularmente coñecido pola súa intervención no programa Anda Ya será o artista nacional invitado para animar a festa da Mikaela de Buño 2026 que se celebrará o sábado 21 de febreiro. Dani comezou a súa carreira profesional en distintas emisoras municipais de Barcelona. En 1996 ganaba o Premio Nacional de DJ organizado pola emisora musical. En 2011 ganaba tamén o Premio Ondas ao mellor programa radiofónico con El Gallo Máximo. Este programa posúe un recompilatorio propio que foi número un en vendas de álbums en España durante catro semanas consecutivas: El Gallo Máximo Compilation. Desde 2014 é presentador xunto a Cristina Boscá do programa despertador Anda Ya. En 2022 recibe o premio a Mellor Comunicador nos Premios Chicote na gala organizada por Museo Chicote.
Dani Moreno non estará só, un amplo elenco dos mellores dj’s e radio dj’s, tamén de Galicia, acompañaranlle na cobertura musical dos cinco escenarios previstos ademais do Party-Bus.
Dany BPM (Barcelona 1981) é outro dos elixidos. Trátase dun Dj, locutor e produtor con máis de 20 anos de traxectoria, e un dos artistas máis internacionais de España. Conta con máis de 300 producións en moitos dos selos importantes das escenas Hard Dance como DIrty Workz, Dutch Master Works, Harsh, Foolidh, Blanco y Negro Music entre moitos outros.
Drewkorme, Dani Villa, David Correa, Brais Pazo, Jossi, Roy e Charlie, a maioría asiduos á celebración, completarán un cartel de luxo para o que seguro será unha nova cita multitudinaria da xuventude galega na Costa da Morte.
Dj Charlie é un dos referentes das cabinas da movida de Vigo. Dirixe e presenta o programa Italian Style en Nova Hit.