Danos materiais considerables nunha saída de vía en Paiosaco

0 minutes read

A media mañá deste martes producíase unha saída de vía no acceso desde A Coruña ao centro urbano de Paiosaco pola estrada AC-552. Aínda que afortunadamente non houbo danos de carácter persoal, si houbo importantes danos materiais, dado que un turismo impactou conta un contedor de lixo e ao mesmo tempo contra un farol da iluminación pública. Ademais tamén foron considerables os danos na parte frontal do turismo.