35
Este luns produciuse un incendio nuns cables eléctricos na fachada dun edificio de Corme. Os membros do GES de Ponteceso desprazáronse de contado ata a vila mariñeira alertados polo 112 Emerxencias Galicia, grazas a súa rapidez e a colaboración de Protección Civil tan só houbo que lamentar danos materiais. Cabe destacar que para apagar un lume eléctrico, non se debe aplicar auga en ningún caso, débese empregar un extintor de clase C ou ben un extintor multi-propósitos ABC. Non hai outro tipo de extintor que poidas usar nun lume eléctrico. E se non soubeses cal é a clase do teu extintor, o mellor é que non o uses por precaución.