Darias afirma que a vacina de Janssen chegará este martes a España


A ministra de Sanidade di que o estado de alarma foi moi útil para conter a expansión do coronavirus pero cre que non pode durar indefinidamente. Asegura que, se a evolución da pandemia o permite, o 9 de maio debería finalizar e iso, engade, non deixará as comunidades autónomas sen cobertura xurídica para seguir aprobando as medidas restritivas que consideren necesarias. Neste sentido, Carolina Darias mencionou, entre outras, a lei orgánica de medidas especiais, a lei de normalidade publicada hai dúas semanas ou as distintas lei de saúde pública. Darias anunciou que o martes chegarán a España as primeiras doses da vacina de Janssen. E mentres o Goberno analiza varias alternativas para as persoas que recibiron a primeira dose de AstraZeneca. A titular de Sanidade insistiu en que todas as vacinas son seguras, eficaces e todas salvan vidas.