Darío Calviño e Francisco García, segundos na Categoría 5 do Rallye Rías Altas Histórico

Foto.- Cedida.

Disputouse a sexta edición do Rallye Rías Altas Histórico, primeira proba do Campionato de España de Velocidade na categoría de Vehículos Históricos, e na que participaban tres equipos da Escuadra Yacar Racing.

Darío Calviño, copilotado por Francisco García, e con notables melloras no Ford Escort RS2000 MKI no que participaba por primeira vez nun rallye e onde marcou varios mellores tempos na Categoría 5, finalizaba segundo da mesma e quinto absoluto nunha hipotética clasificación que incluía aos Pre81 e Pre90 xunto aos citados da 5. Todo iso a pesar dalgúns problemas puntuais, pois en ocasións e debido ás adversas condicións atmosféricas, sobre todo o venres pola tarde e pola noite, embazábase o cristal dianteiro.

Ademais tamén se contou coa presenza do vixente campión de España do Nacional de Asfalto, Pepe López, que xunto a Belén Vinaixa estivo a competir co Peugeot 205 Proto de Yacar Racing co cal venceron no Trofeo Rías Altas.

O terceiro equipo de Yacar Racing era o formado por José Fernández e Juan Brun, que alugaban o Mitsubishi Lancer Evo VI de Luís Penido, pero o turbo rompía na primeira xornada e tiñan que abandonar. Non estiveron finalmente Álvaro Muñiz e Javier Martínez, quen tiña previsto estrear o novo Porsche 911 SC de Yacar Racing, pero finalmente decidían non facelo ao non probalo aínda, polo que cal se preferiu agardar a unha proba onde as condicións sexan máis benignas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha