Darío Calviño gaña a última proba do Campionato de Galicia de Autocrós

Vaticinábao cando regresaba de Sardeña tras estar co seu equipo Yacar Racing nunha proba na illa mediterránea e é que Darío Calviño afirmaba que acudiría á última proba do Campionato de Galicia de Autocrós coa firme intención de conseguir a vitoria, no mesmo circuíto de O Castro onde lograra a primeira no ano pasado, o que volvía repetir nesta ocasión para conseguir o seu segundo triunfo na categoría Car Cros co seu Yacarcross. Coa choiva respectando o desenvolvemento da carreira, Darío Calviño marcaba o terceiro mellor rexistro nos adestramentos, pero unha gran saída permitíalle gañar a única semifinal disputada ao impoñerse sen problemas ante os pilotos que se estaban disputando o título. A final transcorrería da mesma maneira, con Calviño saíndo por diante e controlando a carreira durante as oito voltas sen cometer ningún erro. Ademais, na proba participaba tamén Iván Ferreiro, ao que a rotura dun palier na semifinal impedíalle mellorar a súa sexta posición da final mentres Iván Moscoso era excluído e Javier Senín xa non saía na mesma.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha