Datos, ITV, seguro | Xa está activo en Carballo ‘o ollo que todo o ve’

2 minutes read

Condutores usuarios habituais da AC-552 ao seu paso por Bértoa detectaron un control preciso sobre os datos dos seus vehículos por parte da Policía Local de Carballo. Frecuentes controis na rúa Vázquez de Parga atinan de certo coas deficiencias obrigatorias nos vehículos que circulan á altura do ‘ollo que todo o ve‘. Trátase dunha cámara de control de matrículas instalada no semáforo peonil da zona coñecida como ‘Caracola’, á entrada de Carballo por Bértoa.

Esta cámara de lectura de matrículas recibe a certificación que a coloca como unha das máis fiables do mercado, cuns excelentes resultados de fiabilidade total do 95.3%. Ao paso dun turismo esta cámara conectada a un sistema informático é capaz de descifrar os datos obtidos mediante unha lectura de matrícula e en cuestión de segundos cotexalos nunha base de datos para obter a situación de validez da configuración establecida, chámese titular do turismo, domicilio, estado da ITV, seguro obrigatorio, etc. Ademais a través de Ip envía eses datos de forma instantánea a un dispositivo móbil asociado, unha estación base, un coche patrulla ou a un axente de policía en concreto.

Este tipo de cámaras, baseadas en tecnoloxía Deep learning, permite a detección e recoñecemento de vehículos en fluxo libre e a altas velocidades, o que facilita a monitorización e xestión do tráfico de forma simple e completa, incluíndo o recoñecemento de matrículas, mercadorías, velocidade ou clasificación de vehículos entre outras funcionalidades. Trátase dunha tecnoloxía cada vez máis demandada, sobre todo en proxectos ligados ao concepto de Smart City, onde o obxectivo é mitigar os problemas asociados a núcleos urbanos con altos niveis de concentración de vehículos, dificultade nos accesos, conxestión ou a mellora de aspectos relevantes en canto a seguridade e mobilidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?