David Delgado proclámase gañador da Volta Ciclista á Provincia da Coruña na Curota

David Delgado recibiu, xunto á etapa e a camisola amarela da Deputación de Coruña, os trofeos como gañador da clasificación da montaña- Concello Pobra do Caramiñal e a de mellor sub-23 patrocinado polo Concello de Ortigueira. Non habería cambios na xeral do mellor galego- Concello de Cerceda e en métalas volantes- Concello da Laracha, sendo Rubén Fernández (Retelec-Galicia Cycling Team) e Francesc Bennassar os donos das súas camisolas. Por último, o conxunto leonés do Previley- Maglia- Coforma-Bembibre recibiría a distinción ao mellor equipo do duros tres días da carreira galega.

No apertón final era Delgado o máis forte, levantando os brazos e alzándose coa xeral da Volta a Coruña, mentres que Luna entraba en segunda posición, completando o gran día do Bicicletas Rodríguez ao conseguir o terceiro lugar en meta con Alberto Álvarez. A dureza da Curota quedaba evidenciaba xa que o podium da rolda galega quedaba determinado pola orde ocupada na súa liña de chegada, con Delgado secundado por Luna e o seu compañeiro Álvarez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha