David Méndez, do IES Eduardo Pondal, acada o 5º posto na XII Olimpiada de Xeoloxía nacional

0 minutes read

O pasado sábado 17 de abril celebrouse a fase nacional da XII Olimpiada de Xeoloxía na que participaban os gañadores das fases locais que se produciron no mes de febreiro. David Méndez Redondo, do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, acadou a quinta posición entre cerca de setenta participantes, os mellores de cada Comunidade Autónoma.

A proba, que se realizou de xeito virtual, constou dunha parte práctica e outra teórica que fundamentalmente versaron sobre os riscos derivados dos procesos xeolóxicos.

David estuda na actualidade 2º de Bacharelato e desde o centro agasallárono cun presente como recoñecemento ao seu esforzo.