De alta un neno de 8 anos tras un transplante complexo de corazón no Hospital Teresa Herrera


O neno foi operado o pasado mes de setembro, sufría unha cardiopatía denominada “Síndrome de Shone”, que se caracteriza por afectar a todas as cavidades e estruturas ao lado esquerdo do corazón. Cardiopatía que xa lle foi detectada durante a xestación. Aos poucos días de nacer, foi intervido para tratar de reverter o problema, pero a complexidade da situación só deixou como saída o transplante. Estivo en lista de espera dous anos, ata que se atopou o doante adecuado para el. O cirurxián cardíaco infantil Carlos Velasco, que participou do transplante, xunto a un equipo multidisciplinar, asegura que foi un dos “transplantes máis complexos” realizados na Coruña, xa que o neno levaba xa seis cirurxías cardíacas previas. Agora recibiu a alta médica e xa se atopa no seu domicilio.