“De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo” ata o 25 de outubro en Camariñas

1 minutes read

O Museo de Man acolle a exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica. As pinturas e as fotografías incluídas na exposición fanse eco dunha mensaxe universal: a transformación social conséguese con valores como a educación, a cooperación ou a inserción, para conseguir unha vida máis xusta e digna naqueles sectores máis vulnerables. Esta exposición, itinerante, chega a Camariñas como o punto final nunha longa andaina, que comezou en Baleares e que tivo como puntos de encontro tamén a comarca valenciana da Mariña Alta. Poderá visitarse ata o 25 de outubro, e será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?