De Belén ao Finisterrae | Exposición de beléns en Carballo


Este Nadal poderemos viaxar De Belén ao Finisterrae a través dunha das mellores coleccións de beléns de todo o estado. Unha selección das máis de 2.500 pezas artesás que integran o Taller Museo Santxotena (Áraba) chega a Carballlo para ofrecernos unha mostra única, froito de máis de vinte anos de traballo de Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes. A exposición De Belén ao Finisterrae será inaugurada o 14 de decembro, ás 11.00 horas, no Pazo da Cultura, nun acto aberto a toda a cidadanía. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no horario habitual de 16.30 a 21.00, de luns a sábado.