De momento non haberá toque de queda en Galicia


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que “non está sobre a mesa” implantar un toque de queda en Galicia para frear o aumento de contaxios e avogou por medidas restritivas que permitan compatibilizar a seguridade sanitaria co funcionamento da hostalaría. Sobre a reunión co lecer nocturno, lembrou que se trata dun encontro que fora programado co sector para analizar o balance dos primeiros 15 días de funcionamento desta actividade despois de “tantos meses sen traballar”.  O principal problema está entre a poboación non vacinada, os máis novos. O que polo momento descartan as autoridades galegas é volver ao toque de queda.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron este xoves pola tarde reunións por videoconferencia con representantes do ocio nocturno e da hostalería. En ambos casos, o obxectivo era analizar o impacto das novas medidas acordadas polo comité clínico en relación coa situación epidemiolóxica de Galicia.

No encontro avaliáronse posibilidades como a de implantar na hostalería medidas que están a funcionar no ocio nocturno, porque iso incrementaría a seguridade dos seus clientes e dos seus negocios. O obxectivo, como dixo Alfonso Rueda, é “evitar peches que ninguén quere”. Julio García Comesaña indicou que tamén poderían aplicarse en funcións dos concellos e da súa situación, pero recalcou que calquera das posibilidades abordadas nos encontros terán que ser analizadas detidamente e, en caso de ser factibles, aprobadas polo comité clínico. Todos son conscientes de que o maior perigo de contaxio está nas reunións de persoas e nos botellóns, polo que se seguirán extremando os controis, xa que esa vixilancia, sobre todo nas fins de semana, está dando bos resultados.