De momento non hai acordo entre percebeiros e bateeiros

1 minutes read

Os percebeiros da Coruña e Pontevedra volven reunirse este venres para pactar unha solución ao conflito que teñen aberto cos bateeiros, os dous colectivos estudan a proposta da Consellería do Mar, que propón reservar 50 quilómetros de costa para a extracción do percebe e deixar traballar un mes máis os bateeiros para compensalos.

Este foi un mal ano de mexilla. Os bateeiros din que non hai cría suficiente para ter unha boa produción de mexillón.
Pero tamén foi un mal ano para os percebeiros, que non puideron vender o seu produto aos restaurantes pechados polo estado de alarma.

Por iso, ambos sectores levan semanas pelexando polas rochas que mellor producen. Uns queren gardalas para ter percebe no verán. Outros precisan sacar agora a mexilla para abastecer o mercado dentro duns meses. As posturas son diferentes. Pero todos están de acordo en que precisan unha solución ao conflito.