O Goberno español non o contempla, polo menos de momento, o confinamento domiciliario da poboación. Pide esperar ata o día 9, a ver o efecto das medidas actuais.
María Jesús Montero, portavoz do Goberno, «Haberá que ir adoptando as medidas con contundencia, pero tamén coa prudencia que marca o feito de que hai que ver como funcionan as que actualmente están en vigor. É algo que aprendemos xa durante a primeira vaga da pandemia»
Para aprobar o confinamento domiciliario habería que cambiar o decreto do estado de alarma. O Consello de Ministros aprobou a súa prórroga sen ningunha modificación.
Polo de agora pediron o confinamento total, igual que en marzo, Asturias e Melilla, e Ceuta este mércores. Ningunha comunidade o descarta a medio prazo.