Debate de investidura de Rueda 9 e 11 de abril, toma de posesión o día 13

Esta é a proposta de calendario que trasladará o presidente do Parlamento Miguel Santalices á Mesa e a Xunta de Portavoces, que se reunirán o vindeiro luns, 25 de marzo, para dar comezo aos trámites propios do inicio da XII lexislatura. O martes 9 de abril, é a exposta para o inicio do debate de investidura coa presentación do programa de goberno por parte do candidato, neste caso Alfonso Rueda. Dous días despois, como establece o Regulamento, terán lugar as intervencións dos grupos parlamentarios e as respostas por parte de Rueda, antes de proceder á votación na que resultará elixido presidente da Xunta. A toma de posesión de Rueda celebrarase o sábado 13 de abril, tras o que xa poderá proceder ao nomeamento do seu novo Goberno. Finalmente, o martes 16 de abril, procederase no Parlamento á sesión solemne de apertura da XII lexislatura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha