Debut do Calvo Basket Xiria na casa fronte ao Porriño Baloncesto

  • O equipo contará con todos os seus efectivos a esperas de incorporarse en vindeiros días algunha posible fichaxe que están a xestionar dende a Dirección Deportiva.

Este sábado 15 ás 17:00 horas será o debut na casa en Liga EBA do Calvo Basket Xiria nesta tempada 2022/23, dende o Club decidiuse facer unha xornada de portas abertas polo que a entrada será gratuíta. Intentando así ter unha importante presenza de público nas gradas para animar ao equipo cunha gran marea verde.

O corpo técnico dirixido por Héctor Méndez, estivo recuperando a xogadores lesionados, cunha boa dinámica de adestramentos e con toda a ilusión posta neste partido, sabendo que ó Porriño Baloncesto Base, é un e quipo complicado que dende sempre é candidato aos postos altos da táboa e soe vir acompañado de numerosos seguidores. Moi asentado na liga, os de Porriño, forman un bloque de xogadores importante e consolidado, ao que é moi difícil superar, pero os xogadores do Xiria intentarán facerlle fronte e superar a este rival co plus de xogar na súa cancha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha