40
Os restos de Diego Armando Maradona chegaron ao cemiterio Jardín Bella Vista, na periferia de Bos Aires, onde a súa familia lle da o último adeus nunha cerimonia privada.
O cortexo fúnebre percorreu uns 40 quilómetros desde a Casa Rosada, sede do Executivo arxentino e onde se realizou o velorio, ata o cemiterio, onde descansan os restos dos pais de Maradona.
O paso do automóbil cos restos do exfutbolista foi saudado por miles de persoas apostadas sobre pontes e á beira da estrada e as rúas que o cortexo percorreu nun traxecto que completou en pouco máis dunha hora. Ao cemiterio foron autorizados a ingresar só os familiares e moi poucos achegados ao astro máximo do fútbol arxentino.