24
Traxedia na India ao colapsar unha ponte colgante recentemente inaugurada no estado de Gujarat. Segundo os primeiro informes oficiais, hai polo menos cen mortos, unhas trinta persoas están desaparecidas e outras corenta foron rescatadas da auga. O sinistro produciuse ao ceder a infraestrutura cando un centenar de persoas paseaban sobre ela. A ponte colgante de Morbi é unha estrutura icónica da rexión para o uso peonil, con 1,25 metros de ancho e máis de 200 metros de extensión. A histórica infraestrutura de máis dun século de antigüidade foi reaberta ao público o pasado 26 de outubro tras as obras de reparación e renovación.