Decenas de mortos e feridos no incendio dun ferri en Bangladesh

1 minutes read

Polo menos 39 mortos e decenas de feridos no incendio este venres dun ferri en Bangladesh. No interior da embarcación viaxaban preto de 800 persoas, a inmensa maioría das cales saltou a auga cando comezaron as chamas. Ademais dos falecidos e os feridos hai tamén decenas de desaparecidos, polo que se teme que o número de vítimas mortais poida ir en aumento a medida que pasen as horas. Sucedeu no río Sughanda, no distrito de Jhalokathi, ao sur do país. O barco de tres plantas, o Obhijan 10, percorría o traxecto que vai desde a capital Daca ata Barguna, un percorrido de 250 quilómetros. O incendio iniciouse ás tres da mañá na sala de máquinas, facendo arder por completo o ferri por espazo de tres horas. Este tipo de medios de transporte son moi comúns en Blangladés, país repleto de ríos, e os accidentes son habituais tanto polo exceso de pasaxeiros como polo incumprimento de numerosas normas. En agosto, unha colisión entre un transbordador e un cargueiro que transportaba area matou polo menos a 21 persoas nun lago do leste de Bangladesh. En abril e maio morreron 54 persoas en dous accidentes distintos.