Decenas de mortos en chinea tras as inéditas e aterradoras choivas torrenciais que caeron nos últimos días na cidade de Zhengzhou, na provincia de Henan no centro do país. Ademais, o mércores o Exército de Liberación Chinés decatouse de que unha presa danada a unha hora de Zhengzhou podería colapsar en calquera momento. O mesmo día alcanzouse un pico de 201,9 litros de auga por metro cadrado, unha tromba inusitada da que non había rexistros ata entón en Zhengzhou. Os soldados dirixen as operacións de rescate nesta cidade con máis de 7 millóns de habitantes, na que as choivas asolagaron as rúas e o metro. Esta serie de fortes tormentas, raras na rexión, fixo que toda a provincia se poña en alerta máxima. As inundacións no metro fixeron que decenas de persoas tivesen que ser evacuadas dun vagón onde a auga chegaba ata o peito dos ocupantes, tanto que algúns viaxeiros de menor estatura tiveron que subirse aos asentos para evitar quedar mergullados. O teito do vagón tivo que abrirse para crear unha vía de escape, mentres os equipos de rescate utilizaban cordas dentro do subterráneo para sacar ás persoas atrapadas.