As pegadas de varios días de violencia, con decenas de mortos e máis de 4.000 detidos, son visibles nas rúas de Almaty, a antiga capital de Casaquistán. Os disturbios cesaron tras a orde de «disparar a matar» dada polo presidente kazako, Kasim-Yomart Tokáyev, e o despregamento no país dun continxente militar comandado por Rusia.
Aínda así, en Almaty os tiroteos continuaron este sábado e a xente teme saír ás rúas. Os kazakos rexeitan a violencia, pero tamén critican a xestión da crise por parte de Tokáyev, así como a súa decisión de solicitar axuda militar a Rusia e outros países para sufocar a revolta.
O continxente militar chegado ao país a pedimento de Tokáyev segue reforzándose coa participación de Rusia, Bielorrusia, Tadxiquistán, Kirguizistán e Armenia, todos membros do Tratado de Seguridade Colectiva, unha alianza militar que agrupa a seis antigas república soviéticas.