Decenas de motos clásicas invadiron Bergantiños este domingo


Organizada pola Asociación de Amigos de Motos Clásicas de Bergantiños, este domingo tivo lugar a XIV Concentración de Motos Antigas. Unha serpe multicolor saíu de Carballo camiño de Razo e con rumbo cara a Malpica. Fixeron parada nos Muíños de Ardeleiro e tamén visitaron o miradoiro de Santo Hadrián. Ao regreso a Carballo participaron nunha comida de cátering no pavillón Carballo Calero, onde debateron sobre as súas afeccións e o calendario das próximas edicións, como a que se celebrará o 7 de agosto nas Pontes.