Declarada a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia

La Luna.

A Xunta declarou este xoves a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia, que estaba declarada dende o día 13 de marzo de 2020. A maiores da fin da emerxencia sanitaria, o comité clínico abordou o incremento dos aforos ata o 100% en practicamente todos os ámbitos, tanto no interior como no exterior.
No que atinxe aos horarios, no ámbito de hostalería estenderase o horario de apertura na noite dos venres e dos sábados, ata a 1,30 horas mentres que os restantes días a limitación horaria fíxase ata as 1 horas da madrugada.
Polo que respecta ao ocio nocturno, nas noites do venres e o sábado, os locais poderán estar abertos ata as 4,30 horas e os restantes días da semana ata as 4,00 h. Así mesmo, no caso das discotecas e salas de festa, o seu horario de apertura estenderase ata as 5 horas da mañá todos os días da semana. Todas estas medidas entrarán en vigor o vindeiro sábado, 23 de outubro.