Declarada a situación 2 en incendios de Verín e Arbo

A Consellería do Medio Rural activou -como medida preventiva- a Situación 2 nun incendio forestal no concello pontevedrés de Arbo, parroquia de Barcela. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao polígono industrial deste municipio pontevedrés.

Ademais, a Consellería do Medio Rural ten tamén activada como medida preventiva a Situación 2 noutro incendio forestal no concello ourensán de Verín, parroquia homónima, pola proximidade do lume ao núcleo do Polvorín.

Este incendio iniciouse en tres focos ás 14,52 h. deste mércores, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de algo máis de 2 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 4 avións e 6 helicópteros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha