Declarado o estado de emerxencia en Hungría pola guerra en Ucraína


O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, anunciou na súa conta de Facebook que desde este martes a medianoite está en vigor o estado de emerxencia pola guerra na fronteiriza Ucraína. O estado de emerxencia significa que o Goberno pode emitir decretos relacionados co asunto, sen consultar ao Parlamento. Segundo Orbán, o mundo está a piques de entrar nunha crise económica e reiterou que o país “debe manterse á marxe da guerra, protexer a seguridade das familias, e para iso é necesario espazo de manobra”. Hungría non manda armas a Ucraína co argumento de que non quere involucrarse na guerra do país veciño.