0
A Organización Mundial da Saúde (OMS) levantou este venres a emerxencia internacional pola pandemia de COVID-19, que estaba declarada desde o 30 de xaneiro de 2020, ante a notable redución de casos graves e falecementos a nivel global. A decisión foi anunciada polo director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, despois de que o xoves se reunise o comité de emerxencia do organismo para analizar a actual situación da pandemia, que en máis de tres anos afectou polo menos a 765 millóns de persoas e causou a morte duns 20 millóns.