Declarado un pequeno lume nun colector do lixo en Sofán, Carballo

Bombeiros de Carballo

  • Sucedeu na mañá deste luns nas inmediacións do campo de fútbol do Carral

Un pequeno incendio nun colector de lixo ao carón do campo de fútbol do Carral, na parroquia carballesa de Sofán, obrigou aos Bombeiros de Carballo a desprazarse ata o lugar tras ser avisados polo CIAE 112 minutos antes das once e media da mañá deste luns.

Unha vez no punto, os bombeiros comprobaron que do interior do colector saía fume pero non había lapas. Empregáronse 200 litros de auga para refrixerar o recipiente que, segundo sinalaron, non se viu moi afectado. Non houbo danos persoais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha