En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), en Baralla (comarca veterinaria dos Ancares) e Antas de Ulla, (comarca veterinaria da Ulloa); dous novos focos na provincia de Ourense, nos concellos de Melón (comarca veterinaria de Ribadavia) e en Vilar de Barrio (comarca veterinaria da Limia); e un en Pontevedra, no concello da Estrada (comarca veterinaria de Tabeirós Terra de Montes).
Cos 11 focos declarados, son 29 as comarcas veterinarias nas que se ten notificado focos de EHE en Galicia.
A EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp.