Decomisadas 2,5 toneladas de cocaína e deteñen a dúas persoas no Grove

Cedida.

A Garda Civil e a Policía Nacional detiveron a dúas persoas e incautaronse dunha cantidade superior ás 2,5 toneladas de cocaína no Grove. As dúas embarcacións que transportaban o alixo foron interceptadas cando ían desembarcar na ría de Arousa. As autoridades lograron frustrar o desembarco da cocaína despois dunha persecución pola ría de Arousa que acabou coa interceptación das dúas planeadoras nas que os detidos portaban os fardos de droga. Unha das embarcacións foi remolcada ata o porto do Grove e a outra quedou encallada no lodo preto da desembocadura do río Umia, en Cambados. Toda a droga requisada, que algunhas fontes sitúan nos 2.700 quilos de cocaína, foi depositada no porto do Grove. No dispositivo tamén traballaron medios aéreos que sobrevoaron a ría de Arousa entre O Grove e Cambados.