O Xulgado Central de Instrución número 3 de Madrid decretou a intervención xudicial de Alu Ibérica, a sociedade propietaria das plantas de aluminio da Coruña e Avilés. Esta medida terá unha duración de seis meses prorrogable, no seu caso, por períodos iguais. Na resolución, indica que a medida solicitada polo Ministerio Fiscal Anticorrupción o 12 de marzo, respecto á adopción de medidas cautelares, “advírtese como a máis axeitada e proporcionada neste momento procesual”. Ademais, designa funcionarios da Intervención Xeral da Administración do Estado e da Intervención Xeral da Seguridade Social como administradores xudiciais. Cabe destacar que este xulgado madrileño mantén unha investigación, que se atopa baixo secreto de sumario, ao redor da presunta despatrimonialización fraudulenta das factorías alumineiras.
25