«Defende a Galega» denuncia que a CRTVG non fixo nin un só xesto por achegar posturas

Este pasado venres 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, Defende A Galega recibiu o Premio José Couso en Ferrol. Os xornalistas Beatriz Moyano e Carlos Jiménez recollen un galardón que recoñece esta «loita de persoal, sen precedentes, nos medios públicos galegos» e que é organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, cidade onde se levan a cabo os actos. Pouco antes do acto, os dous profesionais atenderon a prensa no día no que se cumpren 50 venres negros de protesta do persoal da CRTVG contra a manipulación e polo cumprimento da Lei de Medios.

«Se se mobiliza a sociedade, mudamos as cousas. O Premio Couso dános azos para seguir», advertiu Defende A Galega nas redes sociais, onde denunciou que a dirección da Corporación «volveu censurar» calquera información sobre a entrega do galardón por unha «decisión corporativa», ao igual que na xornada onde se coñeceu o veredito. «En todo este tempo non houbo un só xesto da dirección da CRTVG por achegar posturas; igual alguén debería pensar en botarse a un lado se non é quen de buscar solucións»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha