DefendeAGalega denuncia que a radio pública entrevistase a Paco Vázquez en castelán

O Colectivo Defende a Galega denunciou este sábado nas súas redes sociais a entrevista realizada ao ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez no programa Galicia por Diante da fin de semana. O xornalista arranca dirixíndose a audiencia e mais ao seu entrevistado. Cando este resposta en castelán cambia de idioma, a pesar de que Vázquez, como galego que é, comprende e tamén fala a lingua propia do país e da RG. Recentemente, o 27 de setembro, o mesmo programa emitiu unha entrevista integramente en castelán. Neste caso o entrevistado tamén é galego, o intensivista do Hospital Clínico de Santiago e membro do Comité de Educación que asesora á Xunta Pedro Rascado. Os profesionais do ente público agrupados en Defende a Galega, afirmaron que “é do máis grave que sucedeu nos 35 anos da radio pública”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha