Definidos os equipos rivais do Bergantiños no Grupo 1 da 2ª RFEF


A Cidade do Fútbol das Rozas en Madrid viviu este luns a reunión convocada polo presidente da RFEF, Luís Rubiales, cos representantes dos clubs participantes na categoría Segunda RFEF para a tempada 2021-2022. Tal e como sucedeu na configuración dos grupos de Primeira RFEF, os propios representantes dos equipos escolleron mediante votación a configuración dos 5 grupos de 18 equipos que iniciarán a competición o próximo 5 de setembro e concluirán o campionato regular o 15 de maio. Os 5 campións de grupo lograrán o ascenso directo, mentres que as outras 5 prazas de ascenso saldán dunha Playoff que se disputará en sede neutral. Descenderán a Terceira RFEF os 5 peores clasificados de cada grupo.

Fonte.- Bergantiños FC.

GRUPO I

Club (Federación Territorial)

CLUB MARINO DE LUANCO (Asturias)

REAL AVILÉS CF (Asturias)

UC CEARES (Asturias)

UD LLANERA (Asturias)

UP LANGREO (Asturias)

CD PALENCIA CRISTO ATLÉTICO (Castela e León)

GIMNÁSTICA SEGOVIANA CF (Castela e León)

SALAMANCA CF UDS (Castela e León)

AD UNIÓN ADARVE (Comunidade de Madrid)

CDA NAVALCARNERO (Comunidade de Madrid)

CD LEGANÉS B (Comunidade de Madrid)

CD MÓSTOLES URJC (Comunidade de Madrid)

AROUSA SC (Galicia)

BERGANTIÑOS CF (Galicia)

CD ARENTEIRO (Galicia)

CORUXO FC (Galicia)

PONTEVEDRA CF (Galicia)

SD COMPOSTELA (Galicia)