Degustación en Xantar Ourense de produtos típicos de Muxía

0 minutes read

O Concello de Muxía estivo representado pola Asociación do Percebe da Barca nesta edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense. Así, membros da Asociación da vila de Barca realizaron unha degustación este sábado, 12 de novembro, no stand da Deputación da Coruña no que as persoas asistentes puideron gozar de percebes e de produtos do mar de Muxía.