Mercedes Peón, Mónica Nut e Ana Fernández ofrecerán un recital este sábado no patio de armas da fortaleza soneirá a partir das 19:00 horas.
Deixaas é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidade da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína. Amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional. Sen abandonar a súa base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos aústicos de nova natureza e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada.
Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra en directo, ofrecendo unha experiencia artística única con tres formatos diferentes: trío, formato con colaboracións e formato con colaboracións e artistas convidados e convidadas.
Terá unha duración de 75 minutos, a entrada será de balde e posteriormente haberá para todo o público asistente, degustación de castañas.