- Membros de Xuntos Carballo visitaron á veciñanza destes puntos
Xuntos Carballo por un mundo máis xusto reclama melloras na rúa Instituto de Carballo e na pista que enlaza o lugar da Raíña coa estrada de Figueroa, na parroquia de Sísamo.
Membros da formación desprazáronse ata ambos lugares para recoller as demandas da veciñanza, que na rúa Instituto se resumen na necesidade de acondicionar o firme da vía ao atoparse nun «estado lamentable» así como mellorar a sinalización horizontal.
No segundo punto, que involucra o vial que une A Raíña coa estrada de Figueroa, demándase tamén a mellora do firme que, se ben xa estaba deteriorado, na actualidade se atopa en peor estado debido á actividade madeireira. Fochancas e a lama que xorde en época de chuvias volven a vía «intransitable».