Demasiado castigo para o Sofán na casa do Estradense (2-1)

SD Sofán.

A SD Sofán non fixo un mal partido este sábado fronte ao Estradense con boas ocasións de gol por parte de xogadores como Martín, Canedo ou Alexandre. O conxunto local tamén tivo as súas, a máis clara no minuto 40, a saída dun corner o remate de Uriol poñía o 1-0 no marcador. Pero a SD, lonxe de virse abaixo, seguiu insistindo e foi quen de empatar o partido antes do descanso por mediación de Iriso, tras un saque de esquina moi ben lanzado por Alexandre. Na segunda metade tamén houbo ocasións de gol por ambas partes, pero sería no minuto 83 cando un balón desde a banda lle chega a Vicente para bater a Brais dende o punto de penalti, 2-1. A SD volcóuse co obxectivo do empate pero este xa non chegaría. Remata a primeira volta, por pedir que non sexa, haber se os Reis Magos lle deixan un pouco máis de sorte á SD para o que queda de temporada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha